lunes, 5 de noviembre de 2012

Comezamos.

Ponte da Illa


Nacemos hoxe, a 5 de novembro do 2012, con esta imaxe, a da nosa ponte.
O porqué da foto desvela a nosa razón de ser. Queremos ser a ponte de todo cidadán do noso pobo que queira facer ver o que pensa, os seus ideais. Expoñeremos temas de actualidade e da nosa vida cotiá, pero os verdadeiros autores de este blog sodes vós e os vosos comentarios. Gustaríanos que esto se convertise nunha ponte de debate, onde mariñeiros, empresarios, funcionarios, empregados, amos e amas de casa, xubilados, estudantes e parados compartamos problemas e solucións, pero sempre con respeto. Imos a aceptar comentarios anónimos, porque como dixo  Oscar Wilde, "O home é menos sinceiro cando fala no seu nome. Dádelle unha máscara e diravos a verdade"
Faládelle de este blog aos vosos amigos, aos vosos familiares, e así, entre todos, construamos unha Arousa un pouco mellor.
Gracias pola súa atención. Atentamente, un veciño.

4 comentarios:

  1. Pois as minhas boas-vindas! Por certo, prometo ser sincero e nunca anónimo. Ânimo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias. Atenderemos con gusto todas ideas e opinións que nos enviedes, asi como os temas que vos gustaría que tratásemos.
    Un saúdo

    ResponderEliminar

Animámoste a comentar, todas as opinións contan!