lunes, 19 de noviembre de 2012

O Turismo na Arousa



Analizando os datos da enquisa podemos ver que 8 persoas fronte a 1 cren que se debería fomentar un turismo de calidade na Arousa para non depender tanto do mar. 
Actualmente un porcentaxe maioritario da poboación activa do noso pobo vive directamente do mar, e case a súa totalidade (exceptuando funcionarios e algúns traballadores de empresas diversas) viven del indirectamente.
A Illa de Arousa ten un potencial turístico moi importante, pero moi pouco aprobeitando. Moitas veces cando se fala de turismo aparece a controversia e os exemplos de lugares nos que se apostou por un turismo masivo, causando un importante cambio na morfoloxía e no modo de vida da zona. A idea de turismo de calidade intenta fomentar o turismo sen danar o medio no que se asenta, non só dende un punto de vista ecolóxico, senón tamén dende o social. No caso da Arousa trataríase de que a xente que queira visitar o noso pobo o visite por como é, non tendo nós que cambiar para que nos visitase un tipo de xente concreto. Certo é, que para que isto pase temos que favorecer a construción de complexos hoteleiros pa que esas persoas poidan pasar os seus dias de vacacións aquí, e esta é unha das grandes deficiencias da Arousa. 
A xente que decide hospedarse nun hotel, so ten tres nos que elixir na Illa, e sen ánimo de ofender a ninguén, son de unha calidade bastante mala. Por outro lado temos os Cámpings, pero a súa situación non favorece nada a que a xente que alí se atope decida visitar o centro do noso pobo e así favorecer ó comercio e á economía da Illa.
A burbulla inmobiliaria estoupou e deixou na Arousa bloques de edificios de segunda vivenda, que pese a ser un tipo de turismo, pouco beneficia ó pobo da Arousa. Neses tempos todos escoitamos rumores de que empresas hoteleiras buscaban terreos na Arousa para asentarse, pero ó final non se construíu ningún. Ese turismo, con hoteis de 4 ou 5 estrelas, nos que se asentarían turistas con un potencial económico medio-alto, favorecería o comercio e a hostalería. 
En conclusión, se no lugar de construír tantos bloques de pisos se fomentara no pobo a construción de hoteis de calidade, favorecería moito a economía do pobo. Na Arousa temos praias, natureza, cultura e deporte, se fomentásemos un turismo de calidade sen afectar o medio nin o noso xeito de vida, favoreceríamos a nosa economía e seríamos mais independentes do mar.

1 comentario:

  1. A idea é fantástica pero penso que o modelo turístico a seguir na Arousa non ten por qué estar ligado a grandes hotéis de 4 ou 5 estrelas se non algo máis orientado ó ictiturismo(que está obtendo moi bos resultados en Italia) e turismo rural e ó turismo experiencial (actividades mariñeiras) sen esquecer a nosa perliña que é o Areoso, http://www.youtube.com/watch?v=wSF3tHR5pEI aquí vos deixo un link moi interesante sobre él.
    Espero que na Arousa se xere un debate sobre este asunto e se poida sensibilizar á xente para acadar un modelo turístico sostible e que sirva para diversificar os ingresos do sector mariñeiro, e non para mudar a actividade dos mesmos por outra.
    Un saúdo
    Dani

    ResponderEliminar

Animámoste a comentar, todas as opinións contan!