Ponte da Illa
|
Nacemos hoxe, a 5 de novembro do 2012, con esta imaxe, a da nosa ponte.
O porqué da foto desvela a nosa razón de ser. Queremos ser a ponte de todo cidadán do noso pobo que queira facer ver o que pensa, os seus ideais. Expoñeremos temas de actualidade e da nosa vida cotiá, pero os verdadeiros autores de este blog sodes vós e os vosos comentarios. Gustaríanos que esto se convertise nunha ponte de debate, onde mariñeiros, empresarios, funcionarios, empregados, amos e amas de casa, xubilados, estudantes e parados compartamos problemas e solucións, pero sempre con respeto. Imos a aceptar comentarios anónimos, porque como dixo Oscar Wilde, "O home é menos sinceiro cando fala no seu nome. Dádelle unha máscara e diravos a verdade".
Faládelle de este blog aos vosos amigos, aos vosos familiares, e así, entre todos, construamos unha Arousa un pouco mellor.
Gracias pola súa atención. Atentamente, un veciño.
Pois as minhas boas-vindas! Por certo, prometo ser sincero e nunca anónimo. Ânimo.
ResponderEliminarMoita sorte!
ResponderEliminarbenvido, sorte e longa vida a ésta idea
ResponderEliminarMoitas gracias. Atenderemos con gusto todas ideas e opinións que nos enviedes, asi como os temas que vos gustaría que tratásemos.
ResponderEliminarUn saúdo